Más noticias Galicia

Os socialistas denuncian que a "improvisación e falla de iniciativa" da Xunta provoca inseguridade xurídica nas avaliacións do alumnado de ensino obrigatorio

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe que a “improvisación e falla de iniciativa” demostrada pola Consellería de Educación está a cuestionar os dereitos académicos dos estudantes e a seguridade xurídica das súas avaliacións. Álvarez levará ao próximo Pleno do Parlamento unha interpelación sobre a investigación aberta pola Valedora fronte a esta situación.

Os socialistas levan ao Parlamento a petición de Ferroatlántica de vender as Centrais de Cee e Dumbría

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe que os socialistas presentarán unha pregunta oral sobre a petición de Ferroatlántica de segregar a actividade das centrais hidroeléctricas de Cee e Dumbría con vistas á súa venda. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

Os socialistas esixenlle á Xunta que garanta o cumprimento da legalidade e impida a segregación das centrais de Ferroatlántica en CEE e Dumbría

A parlamentaria socialista Loli Toja esixiulle hoxe ao goberno galego que “garanta o cumprimento da legalidade” impedindo a segregación das centrais de Ferroatlántica nos ríos Xallas e Grande. A responsable socialista anunciou unha batería de iniciativas para pedirlle á Xunta que garanta a continuidade das explotacións e explique a súa postura diante da solicitude da empresa.

Os socialistas reclaman que a Xunta suspenda o decreto de vivendas turísticas para evitar a apertura de procesos xudiciais

O portavoz de Turismo do grupo socialista, José Manuel Pérez Seco, reclámalle á Xunta a suspensión da aplicación do decreto de vivendas turísticas “polo menos en seis meses” ata a súa modificación para que recolla os requirimentos da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), “en moitos casos coincidentes coas peticións do propio sector”. Os socialistas esixen este adiamento para “evitar a interposición de procesos xudiciais que obriguen finalmente á modificación do decreto”. Con isto “evitaríase un dano importante ao sector nunhas datas moi significativas, a piques de comezar a época de máxima ocupación”.

Leiceaga advirte a Feijóo que "non ten nada do que presumir e moito do que preocuparse" con 136.700 personas menos trabajando que en 2009

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinaloulle hoxe ao presidente da Xunta que “non ten nada do que presumir e si moito do que preocuparse” logo de constatar que hoxe hai 136.7000 persoas menos traballando que en 2009. O responsable socialista levou os “dramáticos” datos de paro de Galicia á sesión de control ao presidente, celebrada hoxe no Parlamento.

Os socialistas conminan ao PP a "convencer aos seus deputados" no Congreso para apoiar a transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dirixiuse hoxe ao PP para que “convenza aos seus deputados para que dean luz verde” á transferencia da AP-9 a Galicia. Así o dixo no debate da proposición de Lei apobada hoxe por unanimidade do Parlamento, na que é a segunda tentativa de levar adiante esta proposta logo do veto imposto polo Goberno na Mesa do Congreso.

Galicia recibe o segundo peor dato de índice de producción industrial interanual do Estado

O portavoz de Industria e I+D+i do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que Galicia obtivo o segundo peor Índice de Produción Industrial interanual de todo o Estado. Esta realidade, dixo, “contradí a propaganda que se esforza en vender o conselleiro de Industria e constata que o modelo económico e de creación de emprego de Feijóo ten unhas bases extremadamente débiles”.

Os socialistas reclaman para Galicia un sistema integral de protección de denunciantes en posibles casos de corrupción

O portavoz de política institucional do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou unha moción que levará ao próximo pleno do Parlamento con oito medidas para acadar “máis transparencia, mellor goberno e medidas contundentes contra a corrupción” en Galicia. Entre elas, que a comunidade conte cun sistema integral de protección de denunciantes de casos de corrupción ou a regulación da actuación dos grupos de presión (lobbies) ante a Xunta e o Parlamento. “Queremos darlle unha nova oportunidade a Feijóo para que amose un compromiso claro contra a corrupción”, indicou Villoslada, despois de que o PP votase en contra de regular a protección aos denunciantes nunha comisión e no debate do Consello de Contas.

Os socialistas acusan ao Goberno Galego de "abandonar ao Parque do Pasatempo" de Betanzos

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de “abandonar a súa responsabilidade co Parque do Pasatempo” de Betanzos. A deputada socialista presentou unha iniciativa para convocar unha mesa de traballo entre Xunta, Deputación e Concello para recuperar este monumento de máis de 9 hectáreas construído entre 1893 e 1914 por Juan García Naveira, pero que foi rexeitada polo PP.